un poema de Longfellow no dia das Letras Galegas
A SETA E O CANTAR Disparei unha seta ao ar, caeu no chan, non souben onde; pois tan rápida engalou que o seu voo, non puido seguir o meu ollar. Insuflei o meu cantar dentro do ar, caeu no chan, non souben onde; pois, quen tén ollar tan agudo e tan ferino capaz de perseguir o seu voar? Moitos anos despois , sobre un carballo, atopei unha seta aínda intacta, e o cantar do principio até o final achei de novo nun peito amical ben agochado.