un poema de Longfellow no dia das Letras Galegas

 A SETA E O CANTAR


Disparei unha seta ao ar,

caeu no chan, non souben onde;

pois tan rápida engalou

que o seu voo,

non puido seguir o meu ollar.


Insuflei o meu cantar dentro do ar,

caeu no chan, non souben onde;

pois, quen tén ollar tan agudo e tan ferino

capaz de perseguir o seu voar?

Moitos anos despois , sobre un carballo,

atopei unha seta aínda intacta,

e o cantar do principio até o final

achei de novo

nun peito amical ben agochado.


Comentarios